Mago Teto

XOGO DE CARTAS…SIN CARTAS

Nos marabillosos libros de Wenceslao Ciuró (un dos primeiros escritores do apaixonante mundo da maxia na lingua de Cervantes) podes encontrar xogos tan flipantes como este:

EFECTO:

O mago entrégalle a un espectador unha baralla imaxinaria, para que a mezcle e comprobe que todas as cartas son distintas e que son da baralla francesa, hai picas, treboles, diamantes e corazóns do un o dez e tamén hai a J,Q e K.

Imaxinariamente elixirá unha delas.

Agora realiza unha serie de operacións e indícalle o mago o resultado.

E instantaneamente o mago revela a carta pensada.

MATERIAL NECESARIO:

⁃ Unha baralla imaxinaria que podes encontrar na cabeza de calquer espectador que teña a suficiente capacidade para imaxinala.

⁃ Un bolígrafo e un papel.

 REALIZACIÓN:

- Preséntaslle a baralla imaxinaria o espectador e pídelle que pense unha carta, a que máis lle guste, a que menos ou a primeira que lle veña en gana. Iso si, ten que ser da baralla francesa (picas, treboles, diamantes e corazóns)
⁃ Unha vez que a ten no seu coco, entrégalle un papel e un bolígrafo para que secretamente execute as seguintes operacións:
⁃ 1º Escribir o número da carta pensada.
⁃ 2º Engadir o número seguinte na serie natural dos números, e dicir, se pensou un 9, que engada 10, se pensou un Rei, que engada 14,etc.
⁃ 3º Multiplicar por 5 a suma anterior.
⁃ 4º Finalmente terá que sumarlle o resultado 6 si a carta pensada é de corazóns; 7 se é de picas; 8 no caso de ser de diamentes; e 9 se a carta pensada é de treboles.

 

Unha vez realizadas estás operacións debe dicirche o resultado final, e en cuanto o dice ti revelas a carta pensada instantaneamente.

 

SEGREDO:

O que fai posible a adiviñación da carta pensada é o mundo das matemáticas.

O segredo e moi doado, simplemente o resultado final tés que restarlle 5 e no resultado terás a solución a carta pensada: a cifra (ou cifras ) das decenas indícanche o valor da carta, e as unidades indícanche o pau da carta pensada conforme o que lle dixeches o espectador no punto 4º, ou sexa, si é un 6 será de corazóns, se é 7 será de picas, se é un 8 correspondera a unha carta de diamentes e no caso de ser un 9 será de treboles.

Pero para que no quede ningún tipo de dubida,vexamos dous exemplos polo prezo de un:

EXEMPLO 1

A carta pensada foio o 7 de treboles.

OPERACIÓNS FEITAS POLO ESPECTADOR:

1º Nº DA CARTA ……………………………………….. 7

2º ENGADE O Nº SEGUINTE (7+8)………………15

3º MULTIPLICA POR 5 (15*5) ……………………..75

4ºENGADE 9 POR SER DE TREBOL …………..84

RESULTADO FINAL: 84

Operación secreta feita polo mago: 84-5= 79 , número que nos di a carta pensada.

EXEMPLO 2

A carta pensada foio o Q de corazóns.

OPERACIÓNS FEITAS POLO ESPECTADOR:

1º Nº DA CARTA ……………………………………….. 12

2º ENGADE O Nº SEGUINTE (12+13)………………25

3º MULTIPLICA POR 5 (15*5) ……………………..125

4ºENGADE 9 POR SER DE TREBOL …………..131

RESULTADO FINAL: 131

Operación secreta feita polo mago: 131-5= 126 , número que nos di a carta pensada.

Leo Bassi. Auditorio de Ourense 4 de Febreiro

Actuación de Leo Bassi co espectáculo “The best of” o día 4 de febreiro no auditorio Municipal de Ourense ás 20:30 horas.

Podes mercar a tua entrada en www.servinova.com

Altamente recomendable.

 

Fai 6 xeracións, un antepasado de Leo Bassi loitou á beira de Garibaldi antes de crear un dos primeiros circos modernos da Toscana. Naquel entón, co auxe do Vaudeville, o avó Británico de Leo, Jimmy Wheeler, era unha das estrelas do London Palladium antes de ser o pioneiro da comedia en T.V. nos temperáns anos da BBC.

Máis que continuar unha tradición teatral, o seu propósito é manter vivo, na realidade de hoxe, o espírito tarambana e provocador que foi o selo dos Bassi desde que a familia está no negocio.

Para Leo, o entretemento non só é pracer e diversión, ¡é unha escusa!. O significado real de calquera espectáculo debería ser máis que nada, dar á xente unha experiencia apaixonante, sensacional e estremecedora.

Amado ou odiado polo bufón que é, Leo nunca buscou o consenso como artista ou como home. A súa arte, libre de convencións, ofrece ao publico unha experiencia apaixonante, sensacional e estremecedora, onde a provocación é una linguaxe e non un propósito

Novo espectáculo no que repasará o mellor da súa carreira ao longo de aproximadamente unha hora e media de duración na que poderemos gozar co herdeiro dunha estirpe de pallasos que fixo da risa un arma pacífica para o cambio. Os mellores e mais famosos e divertidos sketchs de Bassi sobre as relixións, a banca, a dereita, o capitalismo…

Nada se escapa á crítica de Bassi, a arte que, libre de convencións, ofrece ao público unha experiencia apaixoante, sensacional, onde a provocación é unha linguaxe e non un propósito.

A MAXIA DE PARÍS

Acabamos de chegar dunha viaxe inolvidable por terras Galas, aínda que era unha viaxe de vacacións, non faltou a maxia, sempre presente na miña vida.

Reencontros con amigos e visitas a lugares máxicos.

O primeiro día máxico foi a noite do xoves 19,  no frío e choivoso xaneiro parisino.

O meu colega e gran mago recoñecido mundialmente Otto Wessely (campión mundial da especialidade de Maxia cómica no festival FISM celebrado en Lousana (Suíza) en 1982) , convida nos a velo actuar no Crazy Horse, o cabaré máis subido de ton de París, que aparecía na película do ano 1965 ¿Que tal, Pussycat?” protagonizado polo xenial e tamén gran afeccionado a maxia Woody Allen.

Vimos o espectáculo Désirs, acompañados dunha botella de Champange (¡francés!).

Está  dirixido polo prestixioso coreógrafo francés Phillippe Decouflé  e leva en carteleira dende o 21 de setembro do 2009.

Nel, as bailarinas de formación clásica integran perfectamente a coreografía sensual das súas actuacións e os seus corpos espectaculares.

As cores e as imaxes dos efectos de iluminación impresionantes son tan abrumadores que é difícil determinar onde termina a pel e onde comezan os reflexos das cores.

No medio do show puidemos disfrutar da brillante e simpática participación de Otto, un número de humor delirante e extravagante.

Unha maxia rápida, imprevisible e extremadamente delirante. Parodias de magos, aparicións e desaparicións de animais (de goma e peluches) o que permite maltratalos sen que sufra ningún ser vivo dando como resultado un show xenial.

Unha vez finiquitado o show tocaron unas cervexas con Otto falando de moita maxia.

Un día no museo.

A estancia parisina tamén serviu para visitar  o museo da maxia, un dos máis importantes do mundo xunto co The Magic Circle de Londres, o Castelo Máxico de Holliwood e a casa da maxia de Xevi en Cataluña.

Neste museo hai dúas partes, unha adicada os autómatas e outra a maxia. A primeira parte está composta por máis de 100 autómatas realizando cada un o seu  propio show. Unha colección de George Proust.

Nesta visita o museo dos autómatas puidemos  descubrir o marabilloso e extraño mundo destas curiosas máquinas, a  vez xoguetes e  obras maestras da mecánica.

Na outra parte do museo, a adicada a maxia, encontramos  aparellos  con máis anos que Matusalén que comparten espazo cunha exposición de David Copperfield , que vai dende roupas usadas por el nos shows, aparellos, libros, planos das súas ilusións e un lote de fotografías que inmortalizan a súa vida como ilusionista.

Neste museo ten gran importancia unha sección adicada a Robert Houdin, ilusionista francés considerado o pai da maxia moderna.

No museo da maxia tamén presenciamos un espectáculo no teatro do museo onde un mago francés sorprendeunos coas súas maxias con cartas, cordas e cubiletes.

A parte de disfrutar do mundo do ilusionismo, tamén puidemos gozar e disfrutar de outra maxia, a maxia de Leonardo Da vinci e a súa Mona Lisa, a Venus de Milo, O escravo moribundo de Miguel Ángel,…no Louvre. E de Van Gogh, Monet, Cézanne, Manet…no Musée D´Orsay. Así coma paseos polo Sena, a súa impresionante Torre Eiffel e de máis monumentos desta emblemática cidade.

Pero  como casi todo o bo, rematou esta viaxe a París e tocou regresar a tamén máxica Galicia.

SEXAN BENVIDOS

 

Ola amig@s

Antes de nada darche as gracias por estar lendo isto, é sinal de que estás a visitar a nova web, porque senón non hai explicación lóxica.

Un lavado de imaxe para un ano cheo de novidades con varios proxectos na cachola (con tal que saian dous, xa me dou cun canto nos piños (tamén chamados dentes)).

Este ano intentaremos facer algo moi especial xa que fan vinte anos do primeiro bolo e digo eu que haberá que celebralo dunha maneira máxica (estade atentos, en breve empezarei a soltar cousas)

Unha nova páxina na que contarei todo o que vaia sucedendo no meu mundo máxico, así coma saber por onde estarei rulando por si che apetece ver algún show.

Unha nova aventura na que nos damos a man coas tan de moda, Redes Sociais e poderás seguirme a través do caralibro (FACEBOOK), LLutube e tuinter ou como demos se escriba.

Nesta nova web contamos cunha área secreta, a cal podes acceder cunha palabra máxica ( se me viches en directo saberás cal é, e senón,…. posiblemente tamén). Nesta área explicarei xogos de maxia moi doados, para que lle podas facer os teus colegas, noiv@s, primos e demáis familia, e incluso aprenderás a usar a maxia para copiar nos exámenes (bueno, ou o mellor non).

Tamén poderás acceder a sorteos e agasallos por que “tí o vales”.

E irei subindo barrenes e desvaríos que non teñan cabida nas outras seccións da “gueb”.

Pois nada, por hoxe chega de parrafada, espero que che guste a nova web e gracias pola visita.

E en  agradecemento a esta visita, vamos  agasallarche cun calendario de sobremesa deste ano. Para elo, simplemente tes que darlle a Me Gusta na páxina de Facebook e mandarnos un mail a maxia@magoteto.com co teu enderezo completo no cal desexas recibir o calendario (ata esgotar existencias).

 Moitas maxias e saúde.

LUGOMAXICO 2012 – YouTube

Aqui vai o clip resumén do que foi o LugoMáxico do 2012.

Espero que vos guste.

LUGOMAXICO 2012 – YouTube.

LUGOMÁXICO 2012

Volve a maxia a Lugo. Entre o 29 de abril e o 5 de maio celebrase en Lugo a IX semana Internacional de Maxia da cidade das murallas. (máis…)

A DAMA DO CASTRO

Contan os máis vellos que no subsolo galego, concretamente debaixo dos milenarios e impoñentes castros Celtas, existe un pobo máxico e misterioso, eles son os mouros, e como a maioría dos seres máxicos, elixen a noite para facer a súa vida. (máis…)

FARIÑA NA PELFARIÑA NA PEL

O entroido é unha celebración pública que ten lugar xusto antes da coáresma cristiá, que combina algúns elementos como disfraces, desfiles , charangada e festas na rúa.

A pesar das grandes diferencias que a súa celebración presenta no mundo, hai unha característica común: o descontrol e a festa.
A súa orixe parece probable das festas pagás, como as que se realizaban en honor a “Baco” o deus do viño (gran deus, por certo), as “saturnales” e as “lupercales” romanas, ou as que se realizaban en honor o toro “Apis” en Exipto,¡ onde vai o conto!.
Pero en Viana do Bolo (Ourense) o entroido é algo máis que isto, é un sentimento, é unha paixón, é autentica maxia.
Nestas terras a tradición e as ancestrais culturas danse a man dando como resultado un entroido único ( e menos mal, pensarán moit@s).
No seguinte documental feito pola vianesa Cristina Fernández , podedes ver como a liamos neste pobo.

Este documental púidose ver en diversos festivais de cine como en Toronto (Canadá), Sheffield (Reino Unido), Amsterdam (Holanda) ,no Festival de Documentais de Pärnu (Estonia)…
Así que xa sabes,se queredes gozar dun entroido distinto, aínda estás a tempo, acude a Viana do Bolo (42.1508066941475,-7.0712475859)


Ver mapa más grande

Ahh por certo, a ver se sabedes quen son o boteiro da foto.

Graciñas Cristina por amosar o mundo esta “maneira de vivir” do Entroido.