Mago Teto

ALQUIMIA

ALQUIMIA

 

Durante milleiros de anos, os alquimistas, nómades con grandes coñecementos nas matemáticas, na física, na química, na astroloxía e incluso no ocultismo, viaxaron cos seus laboratorios ambulantes por todos os lugares do mundo cun obxectivo concreto. Ese obxectivo era atopar a Pedra Filosofal.

O soño dos alquimistas era dominar a natureza , o lume, e finalmente o tempo.

Os alquimistas crían  que a  pedra filosofal podería concederlles tanto a cura de todas as enfermidades para gozar da vida eterna como a riqueza, transformando metais  en ouro.  Cando conseguían estes logros, coñecíase como “ A gran Obra”.

Nesta nova aventura, o mago Teto, tras varios anos estudando, experimentando e intentando descifrar a estraña simboloxía dos libros sobre  alquimia, ponse na pel dos alquimistas  perseguindo  o seu soño e buscando a  pedra filosofal; non para conseguir  a riqueza e a vida eterna, senón a alquimia que está dirixida ao corazón, ¡¡a felicidade!!.

A felicidade do público e do propio mago e así lograr  a súa “ Gran Obra”.

Auga, terra, lume e aire farán  posible esta nova aventura  do mago Teto.

FICHA ARTÍSTICA

ELENCO: MAGO TETO

IDEA ORIXINAL: HECTOR GUERRA

FOTOGRAFÍA: PABLO PRADOSS

ESCENOGRAFÍA: KUKAS

DESEÑO GRÁFICO: BREBOSKY

DIRECCIÓN: HÉCTOR “O VIANES”

PRODUCIÓN: MAGO TETO

NOVO ESPECTÁCULO : ÍNTIMO ” A VIAXE DA MIÑA VIDA”

“Íntimo” é unha viaxe, seguramente iniciática, na procura da esencia da maxia. Alguén moi especial puxo no corazón do mago Teto, cando era un cativo, a semente da maxia, e a partires dese momento medrou nel un soño. O soño de ser mago. Para conseguir cumprir ese soño, o mago Teto tivo que estudiar, preparase, ensaiar e esforzarse moito, pero tamén tivo que viaxar. Viaxar polos lugares onde a historia da maxia foi deixando partes da súa esencia: Viena, París, Londres, Nova Delhi ou Tokio. En cada lugar onde o mago vai, descobre algo da esencia da maxia, pero non todo. Deberá seguir buscando para facerse co máis esencial da maxia de todos os tempos. Pero, ¿onde estará agora esa esencia? Se cadra na música, a música é máxica, ou na pintura, ou, tal vez, na literatura. Algún grande escritor foi tamén mago como Lewis Caroll. Mais, se cadra, neste século XXI, a esencia da maxia estea realmente na ciencia: na transformación da materia, na fusión ou na fisión nuclear, no Universo, ou, se cadra, nas matemáticas: “a linguaxe do Universo”, segundo Galileo Galilei. Como afirmaban os sabios antigos, os elementos que compoñen a natureza son catro, se cadra realmente son cinco: auga, terra, aire, lume e maxia. O quinto elemento. Aínda que pode ser que a esencia da maxia estea nas cousas máis pequenas que nos rodean, o que pasa é que non o sabemos ver. ¿Atopará o mago Teto a esencia da maxia? Para sabelo haberá que acompañalo na súa viaxe.

FICHA ARTÍSTICA

AUTOR: Eduardo Alonso

DIRECCIÓN: Eduardo Alonso

ESCENOGRAFÍA: RTA

DESEÑO ILUMINACIÓN: RTA

DESEÑO SON: RTA

MÚSICA: Héctor Guerra

CONTIDOS VIDEO: Héctor Guerra

MONTAXE VIDEO: RTA

DESEÑO GRÁFICO: KHOS

FOTOGRAFÍA: Pablo Pradoss

ELENCO ARTÍSTICO:

Mago Teto

Jorge Prieto

O trasno Perello

PRODUCCIÓN: O mago Teto e  RTA

TÉCNICA TEATRAL : Maxia

PÚBLICO : a partir de 7 anos

0K0A7245

LUGOMÁXICO 2016

O inicio de Lugomáxico -alá polo mes de abril do 2003 – supuxo un antes e un despois para a cidade de Lugo. Nunca antes realizouse unha aposta tan ambiciosa que buscaba encher de ilusión, felicidade e alegría toda a cidade. En base ao espectacular traballo realizado polos diferentes artistas (co inestimable apoio do Concello de Lugo), hoxe Lugomáxico – xa totalmente consolidado – converteuse nun referente da maxia a nivel mundial. Podemos dicir con orgullo que hoxe, a cidade de Lugo, é coñecida por gran parte do planeta grazas á diversidade de artistas de diferentes paises que deixaron o seu sinal neste Lugomáxico e que marchan encantados da cidade e das súas xentes. Poucos magos/ilusionistas negaríanse hoxe a acudir a un festival máxico polo que pasou o mellorciño da maxia mundial (desde artistas chineses, ucraínos, franceses, alemáns, americanos, arxentinos, españois, etc.). Pero do que non hai dúbida algunha é que Lugomáxico non existiría sen as persoas que o veñen apoiando dende as súas orixes, ou sexa a xente que enche o auditorio en cada unha das actuacións e que día tras día transmite aos artistas a enerxía que necesitan para ofrecer esa ilusión. Necesítase nestes tempos tan complicados.
Doutra banda, é destacable comentar a faceta social que vén desenvolvendo este Lugomáxico, achegando a maxia aos que máis o necesitan (visitas a hospitais, centros de maiores, asociacións diversas, etc.). Alá onde se necesita, sempre hai un mago mostrando o seu mellor sorriso.
Durante a semana da maxia altérnanse actuacións para colexios, asociacións, actuacións rueiras (para achegar o humor e a ilusión a todo o mundo) e as famosas galas no auditorio.
Non hai dúbida de que Lugomáxico está totalmente consolidado e que conta co apoio unánime da cidade de Lugo (non digamos dos máis pequenos). Hoxe en día sería imposible separar Lugo de Lugomáxico e podemos dicir que o que naceu no ano 2003 como “A aposta por un soño” converteuse en “a aposta por unha realidade”. Lugomáxico 2016 xa está aquí e os seus organizadores apostan moi forte por facer crecer este soño.
Este ano celebraremos a XIII edición de Lugomáxico e farémolo entre o 1 e o 7 de maio, queremos celebrar os 13 anos como se merece e para iso o noso obxectivo é involucrar a todos os lucenses e visitantes.

13051481_1002031459834685_8916667831768571338_n

TERRA MÁXICA

Allariz, A Rúa, Baños de Molgas, Barbadás, Verín e Viana do Bolo acollerán funcións e encontros co Mago Teto, Dani García, Fran Rei ou O Mago Paco

Na primeira quincena de abril, a primeira edición desta programa, nacido da colaboración en rede destes seis concello, achega ilusionismo, formación e diversión a todos os públicos
Mércores, 30 de marzo.- A primeira edición de Terra Máxica terá lugar do 1 ao 17 de abril en diversos escenarios de seis concellos da provincia de Ourense: Allariz, A Rúa, Baños de Molgas, Barbadás, Verín e Viana do Bolo. Ademais dos espectáculos de catro grandes artistas, como Fran Rei, o Mago Teto, Dani García e o Mago Paco, Terra Máxica caracterízase polo seu apartado formativo, cunha serie de obradoiros para grupos de 20 rapaces, e tamén social, xa que moitos dos encontros e funcións serán en asilos ou centros da terceira idade, procurando achegarse a un público que non adoita asistir a espectáculos, e poñendo así a maxia ao alcance de todos e todas.
Esta iniciativa, organizada polo Mago Teto e Culturactiva S. Coop. G., mantense grazas ao traballo en rede destes seis concellos, nun esforzo por achegar a cultura á cidadanía, non só nos grandes escenarios, senón noutro tipo de espazos, e por dinamizar máis aínda a vida cultural destes concellos a través das artes escénicas, máis en concreto, con maxia de primeiro nivel. Presentárona na Casa da Cultura de Barbadás este mércores ás 17 horas as concelleiras de Cultura de Verín, Emilia Somoza; Barbadás, Ánxela González; e Viana do Bolo, Graciela Diéguez; a tenente de alcalde de Allariz, Cristina Cid; a de Baños de Molgas, Vanessa Rodríguez Cabo; a alcaldesa da Rúa, María González Albert; os artistas Mago Teto, que realizou un dos seus números, Dani García e Fran Rei; e Nacho Fungueiriño, de Culturactiva SCG.
Catro espectáculos de primeiro nivel
Así, a Casa da Cultura de Barbadás, onde na tarde deste mércores tivo lugar a presentación, acollerá a primeira das funcións, A historia de Brancaflor, de Fran Rei, o venres 1 de abril ás 19 horas. O venres 8 á mesma hora estará o Mago Teto con Tolemaxias, e o 15, Dani García con Volta á Maxia. En Verín, as funcións son ás 19 horas dos sábados no Salón de Actos do Colexio María Inmaculada: Dani García este sábado 2, Mago Teto o 9 e o Mago Paco, con Hocus Pocus, o 16.
Na Casa da Cultura de Allariz, a maxia estará presente os domingos ás 18 horas: Fran Rei o día 3, o Mago Teto o 10 e Dani García o 17. No Centro Cultural Avenida da Rúa, as funcións, tamén os domingos, serán ás seis e media: o día 3 o Mago Paco presenta Hocus Pocus, o 10, Fran Rei A historia de Brancaflor, e o 17, o Mago Teto Tolemaxias.
A Casa da Cultura de Viana do Bolo acolle este sábado 2 ás 18.30 horas A historia de Brancaflor, de Fran Rei, e o 9 ás 20.30 horas, Volta á maxia, de Dani García. Por último, no local social Aira de Arriba, de Baños de Molgas, estará A historia de Brancaflor o sábado 16 ás 19 horas.
Canteira de novos magos e achegamento a novos públicos
Terra Máxica é moito máis cá programación de maxia: coa intención de chegar a máis público, varias das funcións terán lugar en espazos coma o asilo das Hermanitas dos Ancianos Desamparados, de Verín, onde estará Dani García con Volta á maxia o sábado 2 de abril ás 11 horas; ou o centro da terceira idade Os Pinos, da Rúa, onde Fran Rei contará A historia de Brancaflor o venres 10 ás 16.30. Este mesmo artista estará con este espectáculo de maxia e narración oral o xoves 14 no Fogar do Maior de Allariz ás 17 horas; no local social asociación FONVAL de Barbadás o venres 15 á mesma hora; e con dúas funcións deste tipo o sábado 16, na residencia da terceira idade de Viana ás 11 e no Local Social Aira de Arriba, de Baños de Molgas, ás 16.30 horas.
Ademais, os Encontros Máxicos son obradoiros con grupos de 20 rapaces para completar o programa cun apartado formativo, que vaia creando canteira de novos magos e novas magas: Dani García teraos na Casa da Cultura de Viana e en dous colexios de Barbadás; e o Mago Teto, na Casa da Cultura de Verín, na de Allariz e na da Rúa.
1452212_232940157055423_1399902361865033057_n

OS ANOS 80 VISTOS POLO MAGO TETO

Aqui vos deixo o video clip do espectáculo dos anos 80!!!

Espero que vos guste!!!

Equipo dos anos 80

OS ANOS 80 VISTOS POLO MAGO TETO

CARTAZ

“Os 80” levan varios anos amenazando con

volver…

… pois non podía faltar un espectáculo de

maxia sobre está década e alguén tiña que

facelo.

Os anos 80 vistos polo Mago Teto é unha obra dra-máxica que consta de 13 sketchs

máxico-comicos sobre estes anos dende o punto de vista do mago Teto.

A MAXIA DA FOTOGRAFÍA

 

Ola internautas.
Desde fai moito tempo ( creo que aínda falaban os cans) teño a sorte de contar cun gran amigo, co que compartín os golpes e alegrías da vida. Pero a parte do rollo colegueo, é un gran mago, un gran mago da fotografía.

 

Responde o nome de Pablo Pradoss e gustaríame convidarvos a dar un rule pola súa páxina web e que vos aderntredes ,tal cal Alicia a través do espello, no seu fascinante mundo das marabillas , e que disfrutedes como se pode plasmar os soños a través dunha imaxe.

 

Pablo é o responsable de gran parte das fotos dun servidor, destacando os seu traballo tras a cámara nos espectáculos “A Maxia da Santa Compaña” e “O Afiador”.

 

Actualmente podes ver os seus traballos en directo na Exposición colectiva na Biblioteca Nacional de España ( Madrid ), selección de obras do premio internacional de fotografía SEDIC e no Restaurante Parrulo en Ferrol.

 

Graciñas Pablo e disfrutade da súa maxia.

www.pablopradoss.mye.name

 

Nova web!

Esta semana estreamos web! cun montón de novos contidos en imaxes, videos, músicas, blog, zona profesional e área secreta. Atoparás tamén unha ampla descrición dos meus espectáculos. Poderás ver a miña traxectoria en Bio, así como ver as datas dos próximos espectáculos na Xira.