Mago Teto

A DAMA DO CASTRO

Contan os máis vellos que no subsolo galego, concretamente debaixo dos milenarios e impoñentes castros Celtas, existe un pobo máxico e misterioso, eles son os mouros, e como a maioría dos seres máxicos, elixen a noite para facer a súa vida.

Nestes lugares, debaixo dos castros, podemos encontrar uns preciosos e marabillosos palacios de cristal, elixidos para pasar as súas horas polas mouras, mulleres de gran beleza e “cachondisimas” coma elas solas e sempre pensando en seduccir os mortais.

Unha vez que o conseguen, arrástranos ata os seus palacios e alí quedarán encantados para sempre.

Pero hai unha moura moi especial e moi bueniña, chamase a Dama do Castro, e anda sempre atraviada con elegantes atuendos brancos so superados pola beleza da súa cara cuberta por longas melenas louras sempre soltas o ar.

E tan boa que nunca negará a ninguén un bo consello e gústalle axudar e protexer os cativos.

Este ser, é o elixido polo Mago Teto para que lle axude na obra da Santa Compaña a romper a maldición o que esta sometido.

Praga, oíndo as badaladas do reloxo astronómico. 27 de Maio do 2009

Pois a persoa encargada de darlle vida a Dama do Castro na obra “A Maxia da Santa Compaña” chamase María Roja e ven de estrear web e gustaríame que a visitedes para coñecer os traballos realizados por este encanto de muller, así da gusto traballar.

Aquí déixovos o enlace a súa casa virtual:
www.mariaroja.com/
Graciñas María.

Deixa unha resposta