Mago Teto

LUGOMÁXICO 2012

Volve a maxia a Lugo. Entre o 29 de abril e o 5 de maio celebrase en Lugo a IX semana Internacional de Maxia da cidade das murallas.

A Maxia inundará Lugo con máis de 60 actuacións programadas a cargo de 30 magos chegados de todo o mundo.

30 Magos chegados de diferentes partes do mundo (Arxentina, EEUU, Ucrania, China, Francia…) farán as delicias de todos os lucenses durante unha semana na que destacan a cantidade de actuacións programadas durante toda a semana, os afeccionados a maxia podaran gozar de máis de 60 actuacións repartidas por toda a cidade.

Un dos obxectivos desta iniciativa posta en marcha pola Concellería de Cultura, Turismo e Protección da Lingua e xunto o Colectivo Máxico Waldemar e baixo a produción de Abracadabra Producións e achegar máis que nunca a maxia a tódolos lucenses con numerosas actuacións de rúa e como novidade a instalación de dúas carpas a modo de teatros de rúa.

Os meus amigos da web lucense www.descubrelugo.com fixeron un grande traballo (coma eles!!) facilitando a información de espectáculos e magos que farán posible o LugoMáxico 2012 a tod@s os que desexen visitar o seu portal de información de todo o que acontece na cidade milenaria.

Déixovos o enlace a toda esta información …e máis.

Lugomáxico 2012 | Descubre Lugo.
Graciñas www.descubrelugo.com por existir!!!.

Deixa unha resposta