Mago Teto

LUGOMÁXICO 2016

O inicio de Lugomáxico -alá polo mes de abril do 2003 – supuxo un antes e un despois para a cidade de Lugo. Nunca antes realizouse unha aposta tan ambiciosa que buscaba encher de ilusión, felicidade e alegría toda a cidade. En base ao espectacular traballo realizado polos diferentes artistas (co inestimable apoio do Concello de Lugo), hoxe Lugomáxico – xa totalmente consolidado – converteuse nun referente da maxia a nivel mundial. Podemos dicir con orgullo que hoxe, a cidade de Lugo, é coñecida por gran parte do planeta grazas á diversidade de artistas de diferentes paises que deixaron o seu sinal neste Lugomáxico e que marchan encantados da cidade e das súas xentes. Poucos magos/ilusionistas negaríanse hoxe a acudir a un festival máxico polo que pasou o mellorciño da maxia mundial (desde artistas chineses, ucraínos, franceses, alemáns, americanos, arxentinos, españois, etc.). Pero do que non hai dúbida algunha é que Lugomáxico non existiría sen as persoas que o veñen apoiando dende as súas orixes, ou sexa a xente que enche o auditorio en cada unha das actuacións e que día tras día transmite aos artistas a enerxía que necesitan para ofrecer esa ilusión. Necesítase nestes tempos tan complicados.
Doutra banda, é destacable comentar a faceta social que vén desenvolvendo este Lugomáxico, achegando a maxia aos que máis o necesitan (visitas a hospitais, centros de maiores, asociacións diversas, etc.). Alá onde se necesita, sempre hai un mago mostrando o seu mellor sorriso.
Durante a semana da maxia altérnanse actuacións para colexios, asociacións, actuacións rueiras (para achegar o humor e a ilusión a todo o mundo) e as famosas galas no auditorio.
Non hai dúbida de que Lugomáxico está totalmente consolidado e que conta co apoio unánime da cidade de Lugo (non digamos dos máis pequenos). Hoxe en día sería imposible separar Lugo de Lugomáxico e podemos dicir que o que naceu no ano 2003 como “A aposta por un soño” converteuse en “a aposta por unha realidade”. Lugomáxico 2016 xa está aquí e os seus organizadores apostan moi forte por facer crecer este soño.
Este ano celebraremos a XIII edición de Lugomáxico e farémolo entre o 1 e o 7 de maio, queremos celebrar os 13 anos como se merece e para iso o noso obxectivo é involucrar a todos os lucenses e visitantes.

13051481_1002031459834685_8916667831768571338_n