Mago Teto

ALQUIMIA

ALQUIMIA

 

Durante milleiros de anos, os alquimistas, nómades con grandes coñecementos nas matemáticas, na física, na química, na astroloxía e incluso no ocultismo, viaxaron cos seus laboratorios ambulantes por todos os lugares do mundo cun obxectivo concreto. Ese obxectivo era atopar a Pedra Filosofal.

O soño dos alquimistas era dominar a natureza , o lume, e finalmente o tempo.

Os alquimistas crían  que a  pedra filosofal podería concederlles tanto a cura de todas as enfermidades para gozar da vida eterna como a riqueza, transformando metais  en ouro.  Cando conseguían estes logros, coñecíase como “ A gran Obra”.

Nesta nova aventura, o mago Teto, tras varios anos estudando, experimentando e intentando descifrar a estraña simboloxía dos libros sobre  alquimia, ponse na pel dos alquimistas  perseguindo  o seu soño e buscando a  pedra filosofal; non para conseguir  a riqueza e a vida eterna, senón a alquimia que está dirixida ao corazón, ¡¡a felicidade!!.

A felicidade do público e do propio mago e así lograr  a súa “ Gran Obra”.

Auga, terra, lume e aire farán  posible esta nova aventura  do mago Teto.

FICHA ARTÍSTICA

ELENCO: MAGO TETO

IDEA ORIXINAL: HECTOR GUERRA

FOTOGRAFÍA: PABLO PRADOSS

ESCENOGRAFÍA: KUKAS

DESEÑO GRÁFICO: BREBOSKY

DIRECCIÓN: HÉCTOR “O VIANES”

PRODUCIÓN: MAGO TETO