Mago Teto

A MAXIA DE PARÍS

Acabamos de chegar dunha viaxe inolvidable por terras Galas, aínda que era unha viaxe de vacacións, non faltou a maxia, sempre presente na miña vida.

Reencontros con amigos e visitas a lugares máxicos.

O primeiro día máxico foi a noite do xoves 19,  no frío e choivoso xaneiro parisino.

O meu colega e gran mago recoñecido mundialmente Otto Wessely (campión mundial da especialidade de Maxia cómica no festival FISM celebrado en Lousana (Suíza) en 1982) , convida nos a velo actuar no Crazy Horse, o cabaré máis subido de ton de París, que aparecía na película do ano 1965 ¿Que tal, Pussycat?” protagonizado polo xenial e tamén gran afeccionado a maxia Woody Allen.

Vimos o espectáculo Désirs, acompañados dunha botella de Champange (¡francés!).

Está  dirixido polo prestixioso coreógrafo francés Phillippe Decouflé  e leva en carteleira dende o 21 de setembro do 2009.

Nel, as bailarinas de formación clásica integran perfectamente a coreografía sensual das súas actuacións e os seus corpos espectaculares.

As cores e as imaxes dos efectos de iluminación impresionantes son tan abrumadores que é difícil determinar onde termina a pel e onde comezan os reflexos das cores.

No medio do show puidemos disfrutar da brillante e simpática participación de Otto, un número de humor delirante e extravagante.

Unha maxia rápida, imprevisible e extremadamente delirante. Parodias de magos, aparicións e desaparicións de animais (de goma e peluches) o que permite maltratalos sen que sufra ningún ser vivo dando como resultado un show xenial.

Unha vez finiquitado o show tocaron unas cervexas con Otto falando de moita maxia.

Un día no museo.

A estancia parisina tamén serviu para visitar  o museo da maxia, un dos máis importantes do mundo xunto co The Magic Circle de Londres, o Castelo Máxico de Holliwood e a casa da maxia de Xevi en Cataluña.

Neste museo hai dúas partes, unha adicada os autómatas e outra a maxia. A primeira parte está composta por máis de 100 autómatas realizando cada un o seu  propio show. Unha colección de George Proust.

Nesta visita o museo dos autómatas puidemos  descubrir o marabilloso e extraño mundo destas curiosas máquinas, a  vez xoguetes e  obras maestras da mecánica.

Na outra parte do museo, a adicada a maxia, encontramos  aparellos  con máis anos que Matusalén que comparten espazo cunha exposición de David Copperfield , que vai dende roupas usadas por el nos shows, aparellos, libros, planos das súas ilusións e un lote de fotografías que inmortalizan a súa vida como ilusionista.

Neste museo ten gran importancia unha sección adicada a Robert Houdin, ilusionista francés considerado o pai da maxia moderna.

No museo da maxia tamén presenciamos un espectáculo no teatro do museo onde un mago francés sorprendeunos coas súas maxias con cartas, cordas e cubiletes.

A parte de disfrutar do mundo do ilusionismo, tamén puidemos gozar e disfrutar de outra maxia, a maxia de Leonardo Da vinci e a súa Mona Lisa, a Venus de Milo, O escravo moribundo de Miguel Ángel,…no Louvre. E de Van Gogh, Monet, Cézanne, Manet…no Musée D´Orsay. Así coma paseos polo Sena, a súa impresionante Torre Eiffel e de máis monumentos desta emblemática cidade.

Pero  como casi todo o bo, rematou esta viaxe a París e tocou regresar a tamén máxica Galicia.