Mago Teto

SEXAN BENVIDOS

 

Ola amig@s

Antes de nada darche as gracias por estar lendo isto, é sinal de que estás a visitar a nova web, porque senón non hai explicación lóxica.

Un lavado de imaxe para un ano cheo de novidades con varios proxectos na cachola (con tal que saian dous, xa me dou cun canto nos piños (tamén chamados dentes)).

Este ano intentaremos facer algo moi especial xa que fan vinte anos do primeiro bolo e digo eu que haberá que celebralo dunha maneira máxica (estade atentos, en breve empezarei a soltar cousas)

Unha nova páxina na que contarei todo o que vaia sucedendo no meu mundo máxico, así coma saber por onde estarei rulando por si che apetece ver algún show.

Unha nova aventura na que nos damos a man coas tan de moda, Redes Sociais e poderás seguirme a través do caralibro (FACEBOOK), LLutube e tuinter ou como demos se escriba.

Nesta nova web contamos cunha área secreta, a cal podes acceder cunha palabra máxica ( se me viches en directo saberás cal é, e senón,…. posiblemente tamén). Nesta área explicarei xogos de maxia moi doados, para que lle podas facer os teus colegas, noiv@s, primos e demáis familia, e incluso aprenderás a usar a maxia para copiar nos exámenes (bueno, ou o mellor non).

Tamén poderás acceder a sorteos e agasallos por que “tí o vales”.

E irei subindo barrenes e desvaríos que non teñan cabida nas outras seccións da “gueb”.

Pois nada, por hoxe chega de parrafada, espero que che guste a nova web e gracias pola visita.

E en  agradecemento a esta visita, vamos  agasallarche cun calendario de sobremesa deste ano. Para elo, simplemente tes que darlle a Me Gusta na páxina de Facebook e mandarnos un mail a maxia@magoteto.com co teu enderezo completo no cal desexas recibir o calendario (ata esgotar existencias).

 Moitas maxias e saúde.