Mago Teto

A Maxia da Santa Compaña (EN XIRA)

A MAXIA DA SANTA COMPAÑA

 SINOPSE

Fai algúns anos, cando o mago voltaba de facer unha actuación nunha verbena na Costa da Morte, tropezouse coa SANTA COMPAÑA que o

condenou a facer as súas maxias por Galicia adiante para salvar ás almas en pena e mesmo para salvar a súa propia vida. Con esta maldición ás costas o mago terá que buscar unha solución para salvarse, e non estar condenado a vagar eternamente polos montes de

Galicia. E isto só é o comezo da historia dun conflito entre unha persoa e o destino…

 

DEFINICIÓN DO ESPECTÁCULO

A Maxia da Santa Compaña é un espectáculo “máxico-teatral” de tipo familiar único en Galicia e no resto do estado español ó fusionar: teatro, maxia, danza, espectáculo de zancudos, artes plásticas e música en directo, cunha historia baseada na cultura, na mitoloxía e na tradición galega.

E esta menestra de artes ten como obxectivo final a realización dun espectáculo entretido, divertido, estético, emotivo e, sobretodo, cheo de ilusión e de ilusións.

Unha selección de actores e músicos destacados de Galicia cun icon en común, a xuventude, xúntanse nesta obra baixo a dirección de Jose Prieto e o Mago Teto.

 

FICHA ARTÍSTICA

Mago Teto: Héctor Guerra
Dama do Castro : María Roja
Xudeu errante e Belcebú : Aitor Rei
Meigas e almas : Jorge Prieto
Neno : Dario Loureiro
A Santa Compaña Band:
Percusión: Carlos Freire
Acordeón: Vadzim Yukhnevich
Violín: Harry Price
Baixo: Iago Rodriguez

 

FICHA TÉCNICA

Deseño e escenografía : Alex Fernandéz
Vestiario : Aratzazu Domínguez
Deseño de iluminación: Alfonso Castro
Música orixinal: Vadzim Yukhnevich
Dramaturxia:  Jose Luis Prieto Roca
Deseño gráfico : Rebeca Ces
Asesoramento máxico : Sasha Grilec
Rexidor / xefe técnico: Jorge Prieto
Técnico de Luces: Alfonso Castro
Técnico de son: Antonio A. Martínez Zabala
Iluminación e son : RTA
Xefe de Producción : Héctor Guerra
Dirección: Jose Luis Prieto Roca