Mago Teto

A Maxia dos Soños

Soño: Representación mental mentres se dorme, sucesos e imaxes que se perciben coma se fosen reais / Imaxinar que algo é real, en especial unha cousa agradable.

-¿Quen non soñou con cambiar un billete de cinco euros por outro de cen?.

-¿Quen nunca soñou con desaparecer en situacións conflictivas?.

-¿E con gañar sempre ás cartas?.

-¿E con adiviña-lo pensamento da xente?.

-¿E mesmo con contactar co máis ala?.

-¿E que ser humano non tivo o soño pola libertade?.

Todos estes soños e máis teñen lugar no espectáculo A MAXIA DOS SOÑOS, unha hora de diversión, maxia e fantasía da man do mago Teto. Apto para calquera escenario, enfocado para nenos desde cinco a cento catro anos.

Panos que cambian de cor, cartas que toman vida, cordas que danzan coma serpes, …, son algúns dos obxectos sinxelos que fan posible grandes milagres.

LEMBRA: A MAXIA DOS SOÑOS

¡¡¡SORPRENDERATE!!!