Mago Teto

Bio

MAGO TETO. HECTOR GUERRA (VIANA DO BOLO, 2-5-1977)

O Mago Teto é un dos magos máis veteranos e relevantes a pesar da súa xuventude. Habitual na televisión desde os seus comezos, goza de gran popularidade e recoñecemento. Ademais, falamos dun mago con espectáculos de rúa (como O Afiador) ou de gran formato para teatros (A Maxia da Santa Compaña) e todoterreos como o seus clásicos ʻTolemaxiasʼ e “Perto de Ti”.

Coorganizador de festivais de maxia en diversos puntos da xeografia española.

Teto é un dos perfís máis completos e orixinais da maxia polo seu humor, personalidade e nivel técnico.

UN PASO A TRÁS NO TEMPO

1990 – Leo o meu primeiro libro de maxia.

 1992 – O día das Letras Galegas, debuto en público coa miña maxia no Instituto de Viana.

1995 – Escomezo os meus estudos de Enxeñeiro Técnico en Química Industrial en Lugo. Algún día espero acabalos (¡malo será!).

1996 – Este ano é o elixido para estrear o meu primeiro espectáculo: A Maxia dos Soños, unha hora de maxia onde intento darlle sentido os meus soños grazas o ilusionismo.

1997 -Un grupo de magos de Lugo formamos o Colectivo Máxico Waldemar co fin de potenciar a arte da maxia na cidade amurallada organizando ciclos de maxia como foi o “Mes da Maxia” dando como froito o festival Internacional “Lugo Máxico”.

2004 – Nace “15 anos de Tolemaxias, unha nova montaxe que me leva a percorrer toda Galicia co obxectivo de ilusionar, emocionar e facer soñar espertos ao público. Realizando máis de 500 actuacións.

2006 – Estrease a novo show chamado “Perto de Ti”. Un espectáculo de maxia de cerca. Pequenos obxectos que fan posibles grandes milagres: cartas que toman vida nas mans do mago, moedas que danzan entre os dedos, navallas que cambian de cor cunha soa mirada,… son algunhas das cousas que se poden presenciar nesta hora de maxia en estado puro.

2009 – O día 28 de febreiro estranse no Auditorio Municipal de Narón ( A Coruña) o espectáculo teatral “A Maxia da Santa Compaña”. A Maxia da Santa Compaña é un espectáculo “máxico-teatral” de tipo familiar único en Galicia e no resto do estado español ó fusionar: teatro, maxia, danza, espectáculo de zancudos, artes plásticas e música en directo, cunha historia baseada na cultura, na mitoloxía e na tradición galega. E esta menestra de artes ten como obxectivo final a realización dun espectáculo entretido, divertido, estético, emotivo e, sobretodo, cheo de ilusión e de ilusións. Unha selección de actores e músicos destacados de Galicia cun icon en común, a xuventude, xúntanse nesta obra baixo a dirección de Jose Prieto e o Mago Teto.

2010 –  Seguindo coa idea de tematizar os meus espectáculos presento unha nova montaxe, esta vez un show de rua, chamado “O Afiador”. Un espectáculo que xira en torno a unha roda de afiar dos anos 30 herdada dos meus ancestros. Miles de historias e aventuras doutros tempos son postas en escena coa axuda do ilusionismo empregando elementos típicos dos afiadores como son coitelos,tesoiras , navallas e paraugas.

2011 – En agosto regresamos os escearios cunha nova montaxe, neste caso tratase de “As Novas Tolemaxias do Mago Teto”

Despois de tres anos xogando con outras artes escénicas nos meus espectáculos, como a música en directo, o teatro, a danza… na “Maxia da Santa Compaña” e “O Afiador”, retorno a esencia do ilusionismo en estado puro cun espectáculo cheo de efectos novidosos tocando todas as disciplinas da maxia (dende efectos de maxia de cerca ata grandes ilusións, pasando polo mentalismo, a manipulación…) sempre acompañados de situacións absurdas e surrealistas cun toque canalla.

Membro da Sociedade Española de Ilusionismo dende o 1992

Membro da Sociedade Coruñesa de Ilusionismo dende 1994

Membro da FISM

Membro fundador do Colectivo Maxico Waldemar

Membro da MPG dende o ano 2006 ata o 2009, abandonando no 2010 por motivos personais.

Membro da ASILGA

&

PRODUCCIÓNS

No ano 2004 monto xunto ao meu amigo e mago, Rafa, a empresa “Abracadabra Produccións” dedicada á produción e á programación de espectáculos máxicos.

Nestes anos de funcionamento os traballos máis salientables son:

- Producción da Semana Interncional de maxia de Lugo (www.lugo-maxico.com) nos anos 2006,2007,2008,2009 e 2010

- Festival Abracadabra (Monforte de Lemos) dende o 2005

- Producción do Festival de Magia da Illa da Palma dende o 2007

- Producción do Festival Internacional de Ingenio (Las Palmas)

- Colaboración na producción da Cidade Imaxinaria (Cidade da cultura 2011)

&

INTERVENCIÓNS TELEVISIVAS

Ó longo destes anos no mundo da maxia, Teto realizou numerosas colaboracións en diferentes canles de televisión; as máis salientables son:

· Desde Galicia para el Mundo (T.V.E. 2) 1994

· Estrelas (T.V.G.) 1995

· Pasarela de Estrelas (varias intervencións) (T.V.G.) 1995/96

· SuperMartes (maís de 50 intervencións entre 1995 e 2004) (T.V.G.)

· Pratos Combinados (serie de televisión) (T.V.G.) 1996

· Toda unha Vida (T.V.G.) 1-1-1997

· Sección fixa no programa SuperMartes (T.V.G.) 1997

· Galicia Enteira (T.V.G.) 1998

· A Noite en Branco (con Juan Tamariz ) (T.V.G.) 1998

· Pequeno Hotel-Serie de televisión (T.V.G.)-10/1/2002

· O Rei da Comedia (T.V.G) 23-6-2002

· Dez Magos no País das Marabillas 5-1/2004

· A Revista (T.V.G.) 2006

. Antena 3 Noticias 2006

. Esta pasando (Tele 5) 2007

· Acompañenos ( T.V.G.) Xuño e Xulio 2007

. España directo (TVE) 2008

-Miraxes (T.V.G.) Reportaxe sobre o espectáculo “Santa Compaña” 2009

- Zig Zag (T.V.G.) Reportaxe sobre o espectáculo “ O Afiador” 2010

&

PARTICIPACIÓN EN EVENTOS OU FESTIVAIS DE MAXIA:

- Semana Internacional de maxia Lugo Máxico.(2003,2004,2005,2006,2007,2008,2009,2010)

- Festival de Magia Villa de Ingenio As Palmas (Canarias). (2005,2006,2007)

- “Tiempo de Magia” Festival Internacional de ilusionismo (León) (2005)

- Festival de magia de La Palma (2007,2008,2010)

- MAGICLOWN (IBIZA) (2007)

- MONTIJO ARTERADO ( BADAJOZ) (2007)

- Compostela Máxica (2007,2008,2009,2010)

- Festiclown (Vigo) (2009)

- Extremagia (“III Festival Interncional de Magia”)2010

- VII Encuentro de magos de Castilla La Mancha “Numangia” (2010,2011)

- II Festival de Magia de La Granja (Segovia) (2010)

- Festival de Magia de Valladolid (2010)

-Festival Internacional de Magia “Vive la Mágia” (León 2010)

-FESTICLOWN PALESTINA (2011)

-FEIRA DAS ARTES ESCENICAS DE GALICIA (2011)

-Culturgal (Pontevedra 2011)

&

Nestes anos, Teto presentou os seguintes espectáculos:

• AS NOVAS TOLEMAXIAS

• O AFIADOR

•  A MAXIA DA SANTA COMPAÑA

•  PRETO DE TI (Espectáculo de maxia de cerca)

• TOLE-MAXIAS

•  A MAXIA DOS SOÑOS

&

&

&

&

& online spilleautomat

Deixa unha resposta