A MAXIA DOS SOÑOS
SOÑO: Representación mental mentres se dorme, sucesos e imaxes que se perciben coma se fosen reais / Imaxinar que algo é real, en especial unha cousa agradable.
-¿Quen non soñou con cambiar un billete de cinco euros por outro de cen?.
-¿Quen nunca soñou con desaparecer en situacións conflictivas?.
-¿E con gañar sempre ás cartas?.
-¿E con adiviña-lo pensamento da xente?.
-¿E mesmo con contactar co máis ala?.
-¿E que ser humano non tivo o soño pola libertade?.
Todos estes soños e máis teñen lugar no espectáculo A MAXIA DOS SOÑOS, unha hora de diversión , maxia e fantasía da man do mago Teto. Apto para calquera escenario, enfocado para nenos desde cinco a cento catro anos.
Panos que cambiar de cor, cartas que toman vida, cordas que danzan coma serpes,…,son algúns dos obxectos sinxelos que fan posible grandes milagres.
LEMBRA: A MAXIA DOS SOÑOS
¡¡¡SORPRENDERATE!!!
|