A MAXIA DA SANTA COMPAÑA
Un novo espectáculo do mago Teto, no que a maxia maís sorprendente se mestura coa cultura e coa tradición galega.
Hai algúns anos, cando o mago voltaba de facer unha actuación nunha verbena na Costa da Morte, tropezouse coa SANTA COMPAÑA, que obrigou ó mago a face-las súas maxias por Galicia adiante para salva-las almas en penas.
A SANTA COMPAÑA entrégalle parte dos seus poderes, así coma o Libro da Sabiduría, no que estan escritos tódolos conxuros e xogos de maxia que teñen lugar ó longo da hora que dura o espectáculo.
Así comenza a nova aventura do mago Teto; un espectáculo no que a
tradición galega xunto coas maxias maís sorprendentes deste mozo
entran en xogo. Nel pódense apreciar números de adiviñacións,
escapismo e demais fenómenos extraordi narios.
Claro exemplo disto é que o mago é capaz de andar cos ollos vendados sobre un camiño pintado por un espectador emulando os pasos a cegas da SANTA COMPAÑA polos montes galegos, do mes mo xeito, pode contactar con seres queridos, que xa non pertencen a este mundo.
E isto só é o comenzo dunha longa historia...
Non perdas a oportunidade de ver A MAXIA DA SANTA COMPAÑA en directo
|